Cadernos de Coñecemento do Medio

Imaxe do caderno: Un parrulo en apuros

Un parrulo en apuros

Creado 6 Marzo 2017 @ 08:06

Anselmo e Lucas van a miúdo a pasear e ler un libro cerca do estanque da vila, á beira do río. Pero esta tarde un amigo inesperado vai necesitar da súa axuda. Imos con eles? Mira aquí o ecoconto

Imaxe do caderno: Xogando na neve!

Xogando na neve!

Creado 9 Xaneiro 2017 @ 09:15

Imos esquiar coa familia Trebón? Veña, acompañémolos a Manzaneda! Unha excursión divertida e á vez, moi ecolóxica. Aquí o ecoconto. Ademais, dúas imaxes para colorear: 

Imaxe do caderno: Nadal coa familia Trebón

Nadal coa familia Trebón

Creado 15 Decembro 2016 @ 10:16

Carola, Anselmo e Lucas celebran moi ecoloxicamente estas datas cos nosos amigos terrícolas. 

Imaxe do caderno: De acampada

De acampada

Creado 4 Novembro 2016 @ 10:37

Aproveitando o cambio de estación, Anselmo, Lilia e Lucas decidiron facer unha pequena excursión á montaña. O outono é unha estación ben fermosa para coñecer os nosos bosques. Mira aquí o ecoconto!

Imaxe do caderno: Saímos de eco-excursión no Bilibús

Saímos de eco-excursión no Bilibús

Creado 19 Outubro 2016 @ 10:43

Hai anos, este bosque estaba cheo de residuos. Daquela non había nin recollida de lixo! E había xente que botaba o refugallo onde lle cadraba. Aquí estaba o que se chama un vertedoiro incontrolado. A familia Trebón, xunto co profesor Uxío, lémbranos a a importancia do tratamento axeitado do lixo. 

Imaxe do caderno: Novo ecoCurso no Caderno Verde

Novo ecoCurso no Caderno Verde

Creado 6 Setembro 2016 @ 13:41

A Familia Trebón remata as vacacións. É tempo de que Lilia, Vito e Lucas volvan á escola! Imos con eles! Mira as aventuras das nosas amigas e amigos que che traemos: 

Imaxe do caderno: De vacacións no Planeta Verde

De vacacións no Planeta Verde

Creado 20 Xuño 2016 @ 13:11

Algunhas aventuras dos nosos amigos e amigas para este tempo de lecer: 
  • No peirao (.pdf/ para 2º ciclo de Primaria)

Imaxe do caderno: No fondo do mar

No fondo do mar

Creado 8 Xuño 2016 @ 12:29

Esta semana celebramos o Día Mundial dos Océanos. Os océanos son o corazón do noso planeta: “Necesitamos uns océanos sans para ter un planeta san!”. Acompañamos á familia Trebón a investigar como de limpos están os fondos dos nosos mares. Mira aquí o ecoconto

Imaxe do caderno: Coidar os espazos públicos é tarefa de todos!

Coidar os espazos públicos é tarefa de todos!

Creado 2 Xuño 2016 @ 11:38

A familia Trebón celebra o Día Mundial do Medio Ambiente lembrando dúas divertidas aventuras. Imos con eles!

Imaxe do caderno: Cambiar o noso papel

Cambiar o noso papel

Creado 9 Maio 2016 @ 08:51

Seguro que tamén vos pasa. Amoreamos tantas cousas que ás veces é complicado buscarlles acomodo. Anselmo e Lucas están ordenando a casa. Que farán con todas estas cousas que xa non usan? Mira aquí o ecoconto!

Imaxe do caderno: Un agasallo para as hortas

Un agasallo para as hortas

Creado 11 Abril 2016 @ 08:49

Anselmo agarda algo... Pero non nos dá pistas sobre o segredo. Lucas pensa que é un espantallo, pero seica non... Iso si, é algo para a horta... Mira aquí o ecoconto!

Imaxe do caderno: Un almorzo completo

Un almorzo completo

Creado 14 Marzo 2016 @ 08:37

Hoxe é día de escola e Vito e Lilia están collendo forzas para unha mañá longa. É moi importante un almorzo completo e equilibrado. Podes ver aquí o ecoconto!

Imaxe do caderno: A Familia Trebón visita Sogama

A Familia Trebón visita Sogama

Creado 15 Febreiro 2016 @ 09:17

Os nosos amigos e amigas Carola, Anselmo, Lilia, Lucas e Vito (e non esquezamos ao gato Evaristo e o can Antenas) van de visita ao Complexo Medioambiental de Sogama en Cerceda. Acompañámolos para aprender un pouco máis sobre como axudar a facer un planeta máis verde. Mira aquí o ecoconto.

Imaxe do caderno: O Nadal coa familia Trebón

O Nadal coa familia Trebón

Creado 17 Decembro 2015 @ 22:58

Acompañamos a Anselmo, Carola, Lucas, Vito e Lilia nestas datas tan especiais. Así descobren os novos amigos e amigas o lado máis sustentable destes días de celebración.

Imaxe do caderno: Ecovacacións no Planeta Verde

Ecovacacións no Planeta Verde

Creado 6 Xullo 2015 @ 13:15

As aventuras da familia Trebón en tempo de verán. Hai varios ecocontos que vos pode gustar recuperar neste tempo de lecer: 

Imaxe do caderno: Un pícnic entre amigos

Un pícnic entre amigos

Creado 15 Xuño 2015 @ 08:06

Mirade que sol tan fermoso! Temos un magnífico tempo de verán! E ben merecemos unhas vacacións, non credes? Pois que mellor que facer un pícnic para aproveitalo. O profesor Uxío falounos dun merendeiro a pé do río. Podes ver aquí o ecoconto 'O Pícnic'.

Imaxe do caderno: A vista de paxaro

A vista de paxaro

Creado 1 Xuño 2015 @ 09:59

Voar é marabilloso e facelo en parapente é incrible. Tamén é certo que o parapente require de moita experiencia e técnica. Poida que Anselmo se precipitase en voar só. Mira aquí o ecoconto.

Imaxe do caderno: O mercadiño

O mercadiño

Creado 11 Maio 2015 @ 10:22

A familia Trebón vai coñecer hoxe o mercado de "oportunidades" do barrio. Alí poderán cambiar e mercar cousas de segunda man. Acompañámolos! Mira aquí o eco-conto

Imaxe do caderno: Adiviñando

Adiviñando

Creado 20 Abril 2015 @ 10:09

Fóra está chovendo, así que os nosos amigos quedan na casa. Lilia propón xogar ás adiviñanzas. Cada un deles ten que dar pistas dun residuo, e entre todos temos que acertar en que colector hai que depositalo. Aquí podes ver o ecoconto.

Imaxe do caderno: O Parque

O Parque

Creado 23 Marzo 2015 @ 10:34

Medraron os días e xa se escoitan nos bosques e nos parques o cantar dos paxaros. A primavera é esa estación que ten un pé no inverno e outro no verán. Velaquí o eco-conto.

Imaxe do caderno: Os traxes de baño son para o verán

Os traxes de baño son para o verán

Creado 23 Febreiro 2015 @ 10:58

Que friaxe vai fóra. E que gusto entrar na casa... Aínda que ben pensado parece que vai calor de máis. E Anselmo anda en traxe de baño. Este home perdeu a cabeza! Podededes ver aquí este ecoconto sobre a importancia do aforro enerxético.

Imaxe do caderno: Unha carta moi especial

Unha carta moi especial

Creado 10 Decembro 2014 @ 18:55

Xa estamos en decembro. O último mes do ano. Como bole o tempo! Sabedes quen pode pasar pola vosa casa a deixar algún dos agasallos de Nadal? Facemos repaso? Pois aló imos! Velaquí o ecoconto de Nadal. E tamén imaxes para colorear: con Lucas e Antenas, un feixe de agasallos e cunha estampa da vila que nos achega un dos visitantes de Nadal, a ver se adiviñades quen. 

Imaxe do caderno: Á neve!

Á neve!

Creado 1 Decembro 2014 @ 19:40

Que frío! Aínda faltan unhas semanas para o inverno e aquí xa hai neve. Queredes saber onde están hoxe os nosos amigos? Aquí o eco-conto. E tamén dúas imaxes para colorear: Vito e Lilia montaña abaixo e un paxaro que os mira atentamente.  

Imaxe do caderno: E hoxe que comemos?

E hoxe que comemos?

Creado 26 Novembro 2014 @ 12:41

Anselmo, o gato Evaristo e o can Antenas están preocupados polo que van comer hoxe. Queren ir correndo á tenda. O profesor Uxío explícalles como aproveitar as sobras para cociñar cousas sabrosas. Aquí o eco-conto 'E hoxe que comemos?' Tamén un par de imaxes para colorear: Anselmo cociñando e Lilia e Lucas á mesa

Imaxe do caderno: Volta á escola

Volta á escola

Creado 11 Setembro 2014 @ 15:59

Logo dunhas intensas vacacións cheas de xogos e diversión, os nosos amigos e amigas regresan á escola. Vito, Lilia e Lucas estarán na mesma aula xuntos durante este curso. Bótalle un ollo ao ecovídeo! Tamén dúas imaxes para colorear: na aula coa mestra, e tamén unha de recreo diante da escola.

Imaxe do caderno: Imos de vacacións!

Imos de vacacións!

Creado 2 Xuño 2014 @ 10:17

Xa remata o curso. Que axiña pasou este ano, non si? É hora de irse despedindo dos compañeiros. Vémonos en setembro, amigos! Agora é tempo de lecer e de facer plans. Os días son longos e o bo tempo acompaña, así que non hai escusas. Ti xa pensaches o que facer? Mira o que farán os Trebón, aquí o ecovídeo. E tamén dúas imaxes para colorear: unha da festa diante da escola, e outra dos nosos amigos e amigas no Parque Acuático.

Imaxe do caderno: No camión do lixo

No camión do lixo

Creado 26 Maio 2014 @ 14:06

Os operarios dos servizos de limpeza encárganse de recoller selectivamente o refugallo. Por iso é tan importante clasificar os desperdicios nas nosas casas e logo botalo no colector que corresponde. Acompañamos a Anselmo, Antenas e Evaristo na recollida do lixo dos colectores. Aquí o eco-conto.

Imaxe do caderno: No fondo do mar

No fondo do mar

Creado 31 Marzo 2014 @ 11:58

O profesor Uxío organizou unha xornada de actividades subacuáticas. Imos cos nosos amigos e amigas a mergullarnos nos fondos mariños. Que atoparemos alí? Mirade aquí o ecoconto no fondo do mar! Ademáis, tamén podedes descargar dúas fichas para colorear: na primeira vemos a Anselmo e o can Antenas buceando e na segunda vémolos aos dous co gato Evaristo xogando ao parchís cun tiburón!

Imaxe do caderno: Un souto cheo de vida

Un souto cheo de vida

Creado 4 Novembro 2013 @ 12:09

A xente xa non bota lixo en calquera sitio cando vai ao bosque. Grazas a iso, puido pecharse aquel vertedoiro tan sucio e recuperar o souto que agora visita a familia Trebón. Velaquí o eco-conto.

Imaxe do caderno: Que ben presta a comida cando se aproveita ben!

Que ben presta a comida cando se aproveita ben!

Creado 9 Setembro 2013 @ 13:28

Anselmo decidiu meterse na cociña. Menos mal que os seus amigos lle botarán unha man! Bótalle un ollo aquí a este novo eco-conto.

Imaxe do caderno: Unha praia con tres erres

Unha praia con tres erres

Creado 18 Xullo 2013 @ 11:34

A praia da Roseira era un mar de lixo, pero afortunadamente, as cousas cambiaron. Visitámola coa familia Trebón, Vito, Lilia e o profesor Uxío. Mira aquí este eco-conto de verán!

Imaxe do caderno: Unha compra moi responsable

Unha compra moi responsable

Creado 19 Xuño 2013 @ 10:12

Hai que ir mercar comida e esta vai ser unha magnífica oportunidade de comprobar que cando imos de compras tamén podemos ter un comportamento responsable co Planeta Verde. Querédelo ver? Aquí o eco-conto.

Imaxe do caderno: Visita á granxa de Aurelio

Visita á granxa de Aurelio

Creado 23 Abril 2013 @ 22:52

Con Anselmo ao volante do Bilibús, os nosos amigos achéganse á granxa dun bo amigo do profesor Uxío. Alí aprenderán máis sobre a compostaxe. Aquí o eco-conto.

Imaxe do caderno: No Bilibús á Cidade

No Bilibús á Cidade

Creado 3 Abril 2013 @ 19:23

O profesor Uxío explícalle aos nosos amigos a importancia de usar o transporte colectivo. Aquí o eco-conto.

Imaxe do caderno: A familia Trebón visita o río

A familia Trebón visita o río

Creado 20 Novembro 2012 @ 10:31

Da man de Vito, Lilia e a familia Trebón achegámonos ao río. Velaquí o vídeo-conto.

Actividades:


Imaxe do caderno: A chegada da familia espacial

A chegada da familia espacial

Creado 20 Novembro 2012 @ 10:11

Presentamos as ecoaventuras protagonizadas polos cativos Lilia e Vito xunto con Carola Trebón, Anselmo Trebón e Lucas Trebón. Ah! E non esquecemos ao can Antenas e o gato Evaristo! Aquí coñeceremos como é que chegou a familia Trebón á Terra! Preme para ver o vídeo-conto.  

Actividades:

Imaxe do caderno: De magosto cos Trebón

De magosto cos Trebón

Creado 20 Novembro 2012 @ 08:22

Os máis cativos poderán contemplar as peripecias dos personaxes nunha nova excursión ao bosque. Anselmo cre que choven ourizos do ceo? Ourizos?? Da man do resto de amigos, coñecerá o que son as castañas e gozará da festa do magosto. Podedes ver aquí o eco-conto.

Imaxe do caderno: Unhas vacacións cos tres R

Unhas vacacións cos tres R

Creado 19 Xuño 2017 @ 09:17

Reducir, reutilizar e reciclar. O verán será unha boa oportunidade para afondar en bos hábitos en favor do noso Planeta Verde. 

Imaxe do caderno: As Estacións

As Estacións

Creado 18 Setembro 2013 @ 11:21

No verán os días son longos. Chove pouco e habitualmente fai moita calor. Recóllense os froitos de moitas plantas. No outono volven a ir chegando o frío e o vento. É cando se caen as follas das árbores. 

Descarga Caderno en PDF (1,85 MB)
Imaxe do caderno: No xardín

No xardín

Creado 12 Xuño 2013 @ 11:05

Os Amigos de Vilaverde están hoxe no xardín do avó Celso e axúdanlle co composteiro. A horta do avó está moi ben coidada. E mirade cantas plantas e froitos diferentes.

Descarga Caderno en PDF (8,76 MB)
Imaxe do caderno: Os alimentos

Os alimentos

Creado 5 Marzo 2013 @ 17:52

O avó Celso e Tomé están na cociña. Unha alimentación correcta ten que ser variada. Cantos alimentos podes identificar aquí? E fíxate, na casa de Tomé e Mireia separan o lixo. Moi ben feito!

Descarga Caderno en PDF (1,99 MB)
Imaxe do caderno: O colexio

O colexio

Creado 20 Novembro 2012 @ 10:58

Acompañamos os nosos amigos á escola. Este é o colexio de Tomé, Mireia, Brais e Aloia. Aquí aprenden moitas cousas e tamén hai tempo para xogar e compartir confidencias co resto de compañeiros da escola. Ademais, coñecemos o avó Celso e ao can Cirilo.  

Descarga Caderno en PDF (1,57 MB)
Imaxe do caderno: Día Mundial da Alimentación

Día Mundial da Alimentación

Creado 13 Outubro 2016 @ 11:30

Aprendemos sobre boas prácticas respecto dos alimentos cos nosos amigos de Vilaverde.
A FAMILIA TREBÓN

1º CICLO DE PRIMARIA

2º CICLO DE PRIMARIA

3º CICLO DE PRIMARIA

Imaxe do caderno: Consumo Responsable

Consumo Responsable

Creado 25 Abril 2016 @ 09:48

Imaxina que tiveses que ir agora a mercar o que necesitades na túa casa para toda a semana. Que apuntarías na túa lista?

Descarga Caderno en PDF (3,66 MB)
Imaxe do caderno: Entre carballos e castiñeiros

Entre carballos e castiñeiros

Creado 25 Abril 2014 @ 11:41

En Vilaverde hai bosques de castiñeiros, carballos, piñeiros, sobreiras... Que outros nomes de árbores coñeces? Imos de paseo cos nosos amigos e amigas! E vixiaremos que o bosque estea limpo!

Descarga Caderno en PDF (6,07 MB)
Imaxe do caderno: A auga

A auga

Creado 7 Abril 2014 @ 09:08

Sabes cantas cousas se poden facer coa auga? Cales destas serán boas e malas prácticas? Aprendemos cos Amigos de Vilaverde un feixe de cousas sobre a auga. 

Descarga Caderno en PDF (9,18 MB)
Imaxe do caderno: A alimentación

A alimentación

Creado 10 Febreiro 2014 @ 08:09

Nos campos e granxas de Vilaverde cultívanse moitas plantas que nos proporcionan alimentos. Brais e Aloia están axudando na cociña. Identificas cada tipo de alimento?

Descarga Caderno en PDF (8 MB)
Imaxe do caderno: A luz

A luz

Creado 28 Novembro 2016 @ 09:21

A luz é unha forma de enerxía. Recordas outras formas de enerxía?. Necesitamos a luz para ver as cousas! 

Descarga Caderno en PDF (6,5 MB)
Imaxe do caderno: Vídeo didáctico de Sogama

Vídeo didáctico de Sogama

Creado 22 Xaneiro 2016 @ 10:04

Un instrumento divulgativo, dirixido especialmente aos escolares. O vídeo conclúe cun chamamento á reflexión, poñendo de manifesto que Sogama precisa da colaboración cidadá para levar a cabo o seu labor con garantías, e apela á solidariedade, a empatía e a responsabilidade compartida como claves para evolucionar cara a un mundo mellor. Podes velo pulsando aquí

Imaxe do caderno: Máquinas

Máquinas

Creado 18 Maio 2015 @ 10:06

As máquinas modifican o xeito no que nos movemos polo mundo, a forma na que traballamos ou nos comunicamos. Pero as máquinas tamén xeran novos problemas. Un deles ten que ver coa forma de desfacernos delas cando rematan o seu ciclo de vida. 

Descarga Caderno en PDF (7,07 MB)
Imaxe do caderno: Alimentándonos

Alimentándonos

Creado 27 Abril 2015 @ 16:23

Olalla cóntalle a Lino o que estiveron vendo en clase esta semana. Non escoitamos a conversa enteira, a ver se podes axudarnos a completar os ocos.

Descarga Caderno en PDF (8,86 MB)
Imaxe do caderno: A Electricidade

A Electricidade

Creado 14 Xaneiro 2015 @ 08:11

Xa sabes que a materia está formada por esas pequenísimas partículas que chamamos átomos. Tamén sabes que dentro dos átomos aínda hai partículas máis cativas: os electróns. Para coñecer un pouquiño máis de todo isto axudarannos novos amigos e amigas de Vilaverde: Mauro, Sol, Simón, Olalla e Lino. 

Descarga Caderno en PDF (9,11 MB)